| Ières
Journées d’études du REFREGA
(Réseau Français d’Etudes Galiciennes) L’espace
public galicien au XXIème siècle Activité
organisée par le Vendredi
26 et Samedi 27 mai 2006
|
|
|
O Centro de Estudos Galegos de París (CEGA) puxo en marcha en novembro 2005 o seu proxecto REFREGA, unha Rede Francesa de Estudos Galegos que pretende federar a todos os que traballan sobre temática galega en Francia, tanto no ámbito universitario como asociativo, tanto de maneira colectiva como individual. Un proxecto plural e participativo, aberto a todos e a todas. O REFREGA é o primeiro proxecto destas características posto en marcha en Francia, pero conta con predecesores noutros países e áreas xeográficas, o máis sobranceiro dos cales é a Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG). Este I Encontro nace do desexo compartido polos membros da Rede do encontro físico, do intercambio directo de opinións, de campos de estudo e de traballo. Logo da reunión fundacional, das varias reunións de traballo, e dos intercambios a través da lista de correo electrónico, o CEGA, en calidade de centro fundador, dá o primeiro paso cara o coñecemento directo e ofrécese como anfitrión deste primeiro encontro. Evidentemente, a lista de membros da Rede é longa e as enerxías novas, de maneira que agardamos que en futuras edicións, outras cidades francesas acollan futuros encontros. O tema que propuxemos para esta primeira toma de contacto foi O espazo público galego no século XXI, un tema amplo e contemporáneo, que pretendemos acotar arredor de tres eixos: (1) o espazo socio-político; (2) o espazo artístico e (3) os medios de comunicación. Tres vertentes do espazo público nos que a sociedade civil, a través dos seus distintos movementos sociais, tenta conseguir cotas de visibilidade e de poder (político, económico e simbólico). Nós propomos unha reflexión sobre as formas, os medios de produción, a recepción e as estratexias de construción, en definitiva, destes tres espazos. Unha reflexion aplicada ao caso galego, mais extensíbel ao resto das sociedades en movemento. Á nosa chamada á participación, foron múltiples as propostas presentadas das que escollemos seis, por parecernos que se centraban mellor na temática proposta e que podían dar bo pé ao debate. Á súa vez, tres artistas vidos de Galiza, Francia e Suíza propuxéronnos os seus espectáculos en distintas disciplinas, conformando un programa variado que agardamos que veñan compartir connosco |
VENDREDI 26 Université Paris III - Salle 410 9h30 Présentation
du REFREGA (Réseau français d’études
galiciennes) 14h - 16h L’espace
artistique en Galice 17h30 - 19h30 Manifestations
artistiques - Niki Picalitos (Paris) « Chapapote en París » Exposition de photos sur la marée noire en Galice (2002) - Pancho Lapeña (Vigo). Son oeuvre graphique. Présentation de Pancho Lapeña: Correntes populistas e identitarias na arte galega contemporánea 19h Spectacle
de danse galicienne contemporaine ( INFORMATIONS
) SAMEDI 27 Université Paris III – Salle 410 10h - 12h Les medias en Galice Clôture en présence du Directeur Général de Création et Diffusion Culturelle du Gouvernement Galicien, D. Luís Bará Torres |